A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de xaneiro as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Destinatarios / as:
- Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2013, nacionais ou estranxeiras.
Prazo de inscrición:
- Do 17 de xaneiro ó 3 de abril de 2013 (inclusive)
Datas de realización das probas:
- Celga 1: 9 de xuño de 2013
- Celga 2: 2 de xuño de 2013
- Celga 3: 8 de xuño de 2013
- Celga 4: 1 de xuño de 2013
Se o número de aspirantes non permite remataras probas orais no día sinalado nesta resolución, a comisión de avaliación continuará con elas no día seguinte.
Contía das taxas de exame: 15,61 €
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:
- Preparalo pola vosa conta
- Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace www.xunta.es/linguagalega/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio.
- Asistir a un dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia en colaboración coas Escolas oficiais de idiomas, concellos e distintas entidades e organizacións.
Todas aquelas persoas que esteades interesadas en realizar un curso preparatorio antes de realiza-lo exame anotádevos ata o 23 de xaneiro ás 15:00 horas na Casa de Pedra xa que temos convocatoria aberta para os ditos cursos
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130116/AnuncioG0164-070113-0003_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00