O Goberno, a través do Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicou no BOE (Boletín Oficial del Estado) do pasado 31 de decembro de 2012 o Real Decreto 1717/2012 polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2013.
O salario mínimo para calquera actividade na agricultura, na industria e nos servizos, sen distinción de sexo nin idade dos traballadores / as, queda fixado en 21,51 €/día ou 645,30 €/mes, segundo o salario estea fixado por días ou por meses.
Este salario enténdese referido á xornada legal de traballo en cada actividade, sen incluír no caso do salario diario a parte proporcional dos domingos e festivos. Si se realizase unha xornada inferior percibirase a prorrata.
Ó salario mínimo anteriormente mencionado engadiránselle os complementos salariais a que se refire o artigo 26.3 do Estatuto dos Traballadores, así como o importe correspondente ó incremento garantido sobre o salario a tempo na remuneración a prima ou con incentivo á produción.
As persoas traballadoras eventuais ou por tempadas cuxos servizos a unha mesma empresa non excedan de cento vinte días percibirán, conxuntamente co salario mínimo anteriormente mencionado, a parte proporcional da retribución dos domingos e festivos, así como as dúas gratificacións extraordinarias a que, como mínimo, ten dereito toda persoa traballadora, correspondentes ó salario de trinta días en cada unha delas, sen que en ningún caso a contía do salario profesional poda resultar inferior a 30,57 euros por xornada legal na actividade.
De acordo co artigo 8.5 do Real Decreto 1620/2011, de 14 de novembro, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar, que toma como referencia para a determinación do salario mínimo dos empregados / as de fogar que traballen por horas, en réxime externo, o fixado para as persoas traballadoras eventuais ou por tempadas e empregados / as de fogar e que inclúe todos os conceptos retributivos, o salario mínimo das ditas persoas empregadas de fogar será de 5,05 € por hora efectivamente traballada.
ENLACE Ó REAL DECRETO DO BOE
http://www.boe.es/boe/dias/2012/12/31/pdfs/BOE-A-2012-15766.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00