O Concello

Departamentos

* CURSOS DE LINGUA GALEGA 07/01/2013

CURSOS DE LINGUA GALEGA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de convocarcursos preparatorios de galego para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. 

Estes cursos preparan ó alumnado para presentarse ás probas oficiais de galego da Xunta de Galicia.

Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 70 horas. As datas de realización serían entre os meses de marzo e maio.

O Concello de Camariñas, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, está interesado en solicita-los cursos á Xunta de Galicia para poder impartilos no concello, para iso necesitamos un mínimo de 20 persoas inscritas, quedando supeditada a realización dos cursos á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposición da Xunta de Galicia, Sergas, prazas nas administración locais…

Si estades interesados / as  nos cursos anotádevos na Casa de Pedra na Axencia de Desenvolvemento Local ata o 23 de xaneiro (inclusive) en horario de 8:00 a 15:00.  

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130107/AnuncioG0164-020113-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal