O Concello

Departamentos

* Aberto o prazo para solicitar praza no Programa de Termalismo Social. 20/12/2012

Aberto o prazo para solicitar praza no Programa de Termalismo Social.

Está aberto o prazo para solicitar praza no programa de Termalismo Social do Imserso para o ano 2013

Requisitos:

-Ser Pensionistas da Seguridade Social de xubilación ou de invalidez, viudedade ou doutras pensións sempre e cando o beneficiario teña cumpridos os 60 anos.

-Ser españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.

- Non padecer doenzas mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa.

-Valerse por si mesmo para as tarefas da vida diaria.

-Acadar  a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados, de conformidade coa baremación esixida.

Se admitirá como acompañante o/a cónxuxe aínda que non alcance a idade sempre que cumpra o resto dos requisitos.

Quendas: de 12 días ou 10 días, realizaranse en réxime de pensión completa en habitacións dobres e de uso compartido.

Prezo: varía  en función do balneario e do mes solicitado.

Documentación
: DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe, clase de pensións que perciben coa contía mensual e, unha declaración xurada que está no reverso da solicitude.

Prazo e lugar da solicitude:
para as quendas de febreiro a agosto ata o día 16 de xaneiro de 2013 (con prioridade na adxudicación de praza) e, para a súa inclusión na Lista de Espera ata o 16 de maio de 2013; para as quendas de setembro a decembro ata o día 16 de maio de 2013 (con prioridade na adxudicación de praza) e, para a súa inclusión na Lista de Espera  ata o 30 de outubro de 2013, nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello.  

Camariñas, 19 de decembro de 2012
A concelleira de Servizos Sociais,
Igualdade, Saúde e Deportes
   
Mª Carmen Linares Chica

Descargas relacionadas


© by Abertal