O Concello

Departamentos

* LISTAS DEFINITIVAS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 19/12/2012

LISTAS DEFINITIVAS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de decembro de 2012 pola que lle dá publicidade ás listas definitivas de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación co número de orde, con respecto ó proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

As categorías das que se publican as listas definitivas de persoas excluídas e admitidas son:  

-      Enfermeiro / a
-      Enfermeiro / a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061
-      Enfermeiro / a especialista en obstetricia–xinecoloxía-matrón / matroa
-      Traballador / a social
-      Logopeda

Contra a lista definitiva de persoas admitidas  e excluídas poderase interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no xulgado do contencioso – administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte da publicación destas listas definitivas.  

Por medio desta resolución publícanse tamén:

-      Resultados provisionais de aplicación do baremo sobre os méritos das persoas aspirantes admitidas e o número de orde provisional que resulta da puntuación obtida.
-      Número de titulares e suplentes das listas especiais para nomeamentos de curta duración de enfermeiro / a, desagregada por centro ou complexo hospitalario. 

As persoas aspirantes admitidas, só con respecto ós resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da data de publicación das listas provisionais. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121218/AnuncioG0003-111212-0001_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 70 04 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal