CHARLA SOBRE VIAS DE RECLAMACION PARA AFECTADOS POR LAS PARTICIPACIONES PREFERENTES AYER MIERCOLES 28 NOVIEMBRE EN CAMARIÑAS.
Alejandra Zapata Maceira é avogada e presta os seus servizos de asesoramento e información legal á cidadanía de Camariñas tódalas semáns nos locais da Casa Consistorial. Esta profesional foi a encargada de aclarar e informar aos afectados polas participacións preferentes e subordinadas de Camariñas as diferentes vías de reclamación que poden empregar e comentar as últimas noticias e resultados dalgúns procedementos xudicias abertos en Galicia e España.
O Concello de Camariñas e a oficina de atención ao consumidor deste municipio organizaron esta charla informativa, que foi presentada polo alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso de León, co obxectivo de esclarecer algunhas dúbidas que se plantexaron na anterior xuntanza informativa con persoas afectadas polas participacións preferentes.
Na oficina de atención ao consumidor de Camarinas estase a atender, informar e tramitar as solicitudes de reclamación e arbitraxe das persoas afectadas por esta situación. Para máis información pode contactar con esta oficina nos
Locais da Casa de Pedra de Camariñas, no telf.: 981 73 70 04 ou no enderezo electrónico info@camarinas.net