O Concello

Departamentos

* Listaxes definitivas da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006 10/12/2012

Listaxes definitivas da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006

No DOG (Diario Oficial de Galicia) o día 04/12/2012 sae publicada unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listaxes definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia elaboradas segundo o establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, de 2 de marzo.

As persoas anotadas no 2012 podedes consulta-las listas definitivas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia ea través da páxina web www.xunta.es na epígrafe Función Pública.
 
As listaxes indican:
-  Os / as solicitantes admitidos / as na lista con indicación da puntuación
- Os / as solicitantes excluídos /as con expresión da causa de exclusión 

As persoas excluídas dispoñedes dun mes (contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG) para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición.

Debedes consignar:

-  Nome e apelidos  
-  DNI  
-  Número de conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta-  
-  Copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa   

Contra esta resolución as persoas interesadas poderá interpor un recurso de alzada ante a Consellería de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.   

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG 
 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121204/AnuncioCA01-271112-0002_gl.pdf

ENLACE Á PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA CONSULTA-LAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal