O Concello

Departamentos

* CURSOS INFORMÁTICA 03/12/2012

Entrega de diplomas dun dos primeiros cursos

CURSOS INFORMÁTICA

En setembro a aula de informática do Concello de Camariñas comezou a impartir a última oleada de cursos de informática deste último trimestre do ano.

Máis de 80 diplomas foron entregados nos cursos de iniciación a informática, seguridade informática, redes sociais, google apps, copias de seguridade do negocio, folla de cálculo para empresarios, vender por internet, promociona o negocio nas redes sociais e retoque fotográfico.

A aula de informática está dentro da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (CeMIT) financiado pola Xunta de Galicia.

O último curso deste trimestre impartirase o 4 e 5 de decembro. O total de prazas xa está ocupado pero plantéxase facer un segundo grupo cos demais interesados. Seguen abertas as inscricións ata o día 3. O curso versará sobre o procesador de textos. Ensinarase a crear un documento, dar formato e estilos, imaxes, táboas, cabeceiras, pés de páxina…


--
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004


© by Abertal