O Concello

Departamentos

* LISTAS PROVISIONAIS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 03/12/2012

LISTAS PROVISIONAIS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

LISTAS PROVISIONAIS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN VARIAS CATEGORÍAS

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 29 de novembro unha resolución pola que as persoas anotadas nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 14 de marzo de 2012, xa podedes consultar as listas provisionais de admitidos/ as e excluídos /as para vinculacións temporais nas seguintes categorías:  

-      Técnico/ a superior en prevención de riscos laborais
-      Técnico / a de grao medio en prevención de riscos laborais 

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expedient-e, na epígrafe de “Procesos”. 

A documentación correspondente á formación ou titulación esixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes teñan producido. 

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda publicarase a lista definitiva de excluídos / as e admitidos / as. 

As persoas que non aparecen na relación de admitidos / as e excluídos / as é por causa de que a súa inscrición se formalizou con posterioridade ó día 26/04/2012, polo que sairán na seguintes xeración de lista, de acordo co pacto de selección temporal publicado no DOG nº 89 de 9 de maio de 2011.

RESOLUCIÓN DO DOG:   
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121129/AnuncioG0003-231112-0001_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal