O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 21/11/2012

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo e Benestar  abriu a convocatoria do recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación correspondentes ós seguintes certificados de profesionalidade: 

-      Atención sociosanitaria a persoas no domicilio SSC089_2. Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
-      Servizos para o control de pragas SAG028_2
-      Confección e mantemento de artes e aparellos MAP005_2
-      Información xuvenil SSC563_3
-      Socorrismo en instalacións acuáticas AFD340_2
-      Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD096_2 

Requisitos: 

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
  • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que recollan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neles.
  • Non estar matriculado / a e / ou cursando formación conducente á acreditación das unidades de competencia en que solicite a súa inscrición.
 Prazo: ata o 17 de decembro de 2012 para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de: 

-      Confección e mantemento de artes e aparellos (redeiros / as)
-      Servizos para o control de pragas 

Prazo: do 1 ó 31 de marzo para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de: 

-      Socorrismo en espazos acuáticos naturais
-      Socorrismo en instalacións acuáticas
-      Información xuvenil  

Importante: para as cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais non se abre prazo de solicitude. Están convocadas a este procedemento todas aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Resolución do 23 de novembro de 2011.   

Pódense consulta-las ditas listas no enlace que aparece máis abaixo co título INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121116/AnuncioCA05-121112-0005_gl.pdf 

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA

http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional  

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO
CASA DE PEDRA    981 73 70 04   
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     

Descargas relacionadas


© by Abertal