O Concello

Departamentos

* LISTAS DEFINITIVAS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 08/11/2012

LISTAS DEFINITIVAS EN VARIAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde publica unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) de hoxe (08/11/2012) pola que lle dá publicidade ás listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ó proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías estatutarias de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. 

As categorías das que se publican as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas son: 

-      Grupo auxiliar da función administrativa
-      Persoal de servizos xerais
-      Celador / a 

As persoas participantes poderán consulta-lo seu resultado no FIDES /Expedient-e ou na páxina web do Servizo Galego de Saúde 

Contra estas listas poderase interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no xulgado do contencioso – administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte da publicación destas listas definitivas. 

As listas entrarán en vigor con data do 15 de novembro de 2012 e o chamamento e demais características de xestión das listas serán os previstos no pacto subscrito con data do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011).

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121108/AnuncioG0003-181012-0002_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal