O Concello

Departamentos

* Aviso importante 30/10/2012

Aviso importante

Dende o concello vimos de detectar a existencia dun portal de Internet denominado ciclosformativosfp.com no que aparece información sobre supostos ciclos formativos de grado medio e superior a distancia en Camariñas. Ó final da información ofrecida por este portal aparece un mapa de Camariñas así como os datos de contacto do concello.

O Concello de Camariñas quere informarvos de que esta oferta formativa non é real, dende o concello non se vai impartir ningún dos ciclos que aparecen no portal anteriormente mencionado nin temos ningún tipo de vinculación nin contacto coa empresa que está a ofrecer os ditos ciclos formativos.

A través da información que proporciona o portal consideramos que o que se pretende é vender algún tipo de temario ou curso formativo que non da dereito a ningunha  titulación oficial.

No portal, ó lado da información de cada ciclo aparece un apartado de máis información no que se queredes coñece-los prezos e as condicións tedes que dar varios datos de carácter persoal (nome e apelidos, DNI, data de nacemento…). Tede en conta que segundo aparece nas normas de uso do portal estes datos pasarán a formar parte dun ficheiro de Planeta de Agostini Formación S.L.U. e poderán ser comunicados a Círculo de Lectores S.A. e ás empresas do Grupo Planeta.

Por último, dende o concello recomendámosvos que antes de proporciona-los vosos datos persoais en Internet teñades en conta o uso e o tratamento que se vai facer dos ditos datos así como que antes de pagar por algún curso formativo ou temario vos aseguredes do tipo de formación que se trata así como de se ides obter algunha titulación oficial ou non.


© by Abertal