O Concello

Departamentos

* Cursos de Lingua Galega 01/03/2010

Estes cursos preparan ó alumnado para presentarse ás probas oficiais de galego da Xunta de Galicia.

Os cursos son de carácter gratuíto e teñen unha duración de 75 horas.
Lembramos a todas aquelas persoas interesadas que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas distintas oposicións da Xunta de Galicia, Sergas, prazas en administracións locais...

Para poder imparti-los cursos é obrigatorio a inscrición como mínimo de 20 persoas por curso e a súa realización queda supeditada á concesión por parte da Xunta de Galicia do permiso correspondente.

Prazo de inscrición: Ata o 1 de setembro

Información e inscrición:

Edificio Casa de Pedra
Horario: De luns a venres de 08:00 a 15:00 horas
Teléfono: 981 737 004
Persoa de contacto: Axencia de Desenvolvemento Local


© by Abertal