O Concello

Departamentos

* CURSOS DE INFORMÁTICA EN CAMARIÑAS 13/09/2012

CURSOS DE INFORMÁTICA EN CAMARIÑAS

Durante os meses de setembro a decembro o Concello de Camariñas xunto ca rede CeMIT organizarán varios cursos de informática no Centro de Iniciativas (ao lado do centro de saúde).

O primeiro curso será de iniciación a informática e realizarase do 25 de setembro ao 27 de 17:00 a 19:00.

Ata finais de outubro os cursos que impartiremos son básicos e dirixidos a aquelas persoas que queiran aprender a andar cun ordenador de forma segura e a manexar o correo electrónico e as redes sociais (facebook, tuenti,…)

A continuación impartiremos cursos máis avanzados e moitos deles dirixidos á autónomos e pequenas empresas. Ensinaremos a realizar e gardar copias de seguridade da información do negocio, a utilizar a folla de cálculo para levar as contas da empresa, a comprar ou vender por internet, retoque de fotografías, buscar emprego por internet e a manexar un procesador de textos.

Ademais deste cursos tódolos días, de luns a venres, na aula de informática temos o servizo de aula aberta na que poderás dispor dun ordenador con conexión a internet e participar na teleformación da rede CeMIT.

As prazas para os cursos son limitadas polo que é necesario preinscribirse ata 2 días antes do inicio de cada curso. A preinscrición e máis información farase na aula de informática do Centro de Iniciativas de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 de luns a venres, ou no teléfono 981 73 65 06, ou no email cemit.camarinas@xunta.es  

SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo
e Desenvolvemento Local
Concello de Camariñas.

Descargas relacionadas


© by Abertal