O Concello

Departamentos

* 28 CARNÉS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS ENTREGADOS EN CAMARIÑAS 10/09/2012

28 CARNÉS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS ENTREGADOS EN CAMARIÑAS

O 6 de setembro o Concello de Camariñas organizou un curso de manipulador de alimentos que é obrigatorio para desenvolver ocupacións que requiran a manipulación de produtos alimentarios.

Asistiron un total de  28 veciños e entregáronse 6 carnés para produtos frescos da pesca, 9 para minorista de alimentación, 11 para restauración colectiva , 1 para augas potables e 1 para panadería.

Ademais da formación propia do curso impartida pola empresa Sysdegal, aproveitei para recordar os servizos que proporcionamos na Axencia de Desenvolvemento Local.

Na Casa de Pedra damos asistencia técnica á creación de empresas e promoción da cultura emprendedora e ás empresas establecidas, asesoramos na busca de emprego e orientación laboral, e damos formación e novas tecnoloxías da información.  

SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e
Desenvolvemento Local
Concello de Camariñas.


© by Abertal