O Concello

Departamentos

* Bases e listaxe para as ofertas de Cooperación do Concello de Camariñas 03/09/2012

Bases e listaxe para as ofertas de Cooperación do Concello de Camariñas

O 27 de agosto o Concello de Camariñas anunciou as ofertas de emprego para 4 peóns e un técnico de Medio Ambiente. Este grupo foi solicitado polo Concello, entre outros máis que non foron concedidos, á Xunta de Galicia dentro dos programas de Cooperación.

Hoxe (03/09/2012) publícase no taboleiro da Casa do Concello de Camariñas o anuncio, as bases e os candidatos preseleccionados polo Servizo Público de Emprego de Galicia para as 4 prazas de peón e a praza de técnico de Medio Ambiente.

Os candidatos preseleccionados recibirán unha carta do Servizo Público de Emprego de Galicia no seu domicilio. Todos aqueles candidatos que reciban esta carta deberán entregala na Ofcina de Orientación Laboral do Concello antes do día 10 ás 14:00.  

Os candidatos interesados poderán presentar as solicitudes ata o día 10 ás 14:00 na Casa do Concello.

Nas bases da convocatoria indícanse os méritos que puntuan dentro do sistema de selección.

Entre eles, aquelas persoas que leven como demandantes de emprego máis de 6 meses poderán acreditar esta circunstancia co certificado de períodos de inscrición que só emitirá o persoal da Xunta de Galicia na Oficina de Emprego de Cee, no horario de luns a venres e de 9:00 a 14:00.

Aquelas persoas que non estén a percibir na actualidade ningunha prestación ou subsidio por desemprego poderán acreditar esta circunstancia co certificado expedido polo persoal do Ministerio de Empleo y Seguridad Social da Oficina de Emprego de Cee para o que é necesario solicitar cita previa por teléfono no 901010210 ou en www.sepe.es. No caso de desempregados do réxime especial do Mar este último certificado solicitarase no ISM de Camariñas.

Se necesita axuda para preparar a documentación de solicitude poñemos a disposición a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas de luns a venres de 8:00 a 14:00. 


--
SERGIO CAAMAÑO FERNÁNDEZ
Concelleiro de Urbanismo e Desenvolvemento Local Concello de Camariñas.
Pz. de Insuela, s/n - 15123 Camariñas - A Coruña.
Tlf: 981737004

Descargas relacionadas


© by Abertal