O Concello de Camariñas organiza un curso de manipulador de alimentos, obrigatorio para desenvolver ocupacións que impliquen a manipulación de produtos alimentarios.
Duración: 3 horas e media.
Prezo: 30 €.
Posibilidade de descontos segundo o número de participantes
Destinatarios: aberto a tódalas persoas interesadas
Prazas limitadas.
A realización do curso está prevista para o mes de setembro e estará condicionada a que se xunte un grupo mínimo de participantes. Tódolos asistentes recibirán un certificado da realización acción formativa.
Preinscrición obrigatoria.
Prazo: 31 agosto
Máis información: www.camarinas.net
ou contactar coa orientadora laboral
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
Casa de Pedra 981737004
Luns a venres de 8:00 a 14:00