O Concello

Departamentos

* LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 11/07/2012

NOVA RESOLUCIÓN

LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

NOVA RESOLUCIÓN 

O Servizo Galego de Saúde publicou no DOG de hoxe (19/07/2012) unha resolución que modifica a Resolución do 29 de xuño de 2012 (publicada no DOG do 10/07/2012), da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica a lista provisional de admitidos /as e excluídos / as de diversas categorías sanitarias e de xestión de servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.  

Advertido erro nos resultados das listas de admitidos / as e excluídos / as nas categorías de enfermeiro / a e de enfermeiro / a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias – 061, publicadas pola Resolución do 29 de xuño de 2012 (DOG 131, do 10 de xullo de 2012) da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, en canto se incluíron nas súas áreas especiais aspirantes que non reunían os requisitos esixidos no número II.1.1. do vixente pacto de selección temporal, aprobado pola resolución do 26 de abril de 2011 (DOG 89, do 9 de maio de 2011), acórdase publicar de novo as listas de admitidos / as excluídos / as de enfermeiro / a e de enfermeiro / a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias – 061.Coa publicación das novas listas de admitidos / as e excluídos / as nas categorías citadas, ábrense novos prazos de reclamación e recurso contados dende o día seguinte ó da data de publicación desta resolución no DOG para as dúas categorías de enfermeiro e enfermeiro do 061.

A documentación acreditativa dos requisitos de acceso ás listas anteriormente mencionadas e os erros materiais cometidos polas persoas aspirantes poderán ser emendados no prazo de dez días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, así como tamén calquera outro erro material producido na publicación destas listaxes.

NOVA RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120719/AnuncioG0003-130712-0005_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PARA COMPROBA-LAS LISTAS: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Servizo Galego de Saúde publicou no DOG do 10/07/2012 unha resolución da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica a lista provisional de admitidos /as e excluídos / as de diversas categorías sanitarias e de xestión de servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Categorías das que se publican listas provisionais: 

-      Enfermeiro / a
-      Enfermeiro / a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias  - 061
-      Enfermeiro / a especialista en obstetricia – xinecoloxía
-      Facultativo / a especialista da área de Psicoloxía clínica
-      Traballador / a social
-      Logopeda 

As persoas excluídas poden consulta-las causas de exclusión no seu expediente-e na epígrafe de procesos. 

A documentación correspondente á formación ou titulación esixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes producisen. 

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, publicarase unha lista definitiva de excluídos e admitidos. 

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é porque a súa inscrición se formalizou con posterioridade ó día 26/04/2012 polo que sairán na seguinte xeración de listas, de acordo co pacto sobre selección temporal de persoal estatutario temporal na ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á consellería de Sanidade.  

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120710/AnuncioG0003-020712-0001_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal