A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construcción na organización dun curso de prevención de riscos laborais. Este curso, de 20 horas de duración corresponde ó 2º Ciclo de formación en prevención de riscos laborais, obrigatorio no Convenio de Construción.
O curso consta de 14 horas comúns e 6 horas de oficio específico.
O curso será impartido por persoal técnico da Fundación Laboral de la Construcción.
Destinatarios:
Traballadores / as do sector da construción, autónomos / as do sector da construción, persoas desempregadas (preferentemente con experiencia no sector da construción ou interesadas en traballar no sector)
Prazas limitadas:
Duración: 20 horas (14 comúns e 6 de oficio específico)
Para aqueles alumnos / as que xa teñan outro curso de 2º ciclo en calquera outro oficio e queiran complementar máis oficios, ou para os / as que teñan un nivel básico de prevención válido para convalidar polas 14 horas comúns, só terían que realizar o curso de 6 horas do seu oficio específico.
Prezo:
150 € (curso completo)
78 € (6 horas de oficio específico)
Posibilidade de bonificación no caso de traballadores / as por conta allea de empresas que dispoñan de crédito de formación na Fundación Tripartita.
É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra:
- Ficha de alumno debidamente cuberta
- DNI- Tarxeta sanitaria (persoas desempregadas)
- Tarxeta de demanda de emprego (persoas desempregadas)
- Recibo de pago de autónomos
A tódolos asistentes se lles entregará un diploma de realización da acción formativa.
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 73 70 04
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00