O Concello

Departamentos

* CHARLA DE INTEGRO EN 5º E 6º DE PRIMARIA 21/06/2012

CHARLA DE INTEGRO EN 5º E 6º DE PRIMARIA

Nesta semana, na que remata o curso escolar, en moitas das nosas casas facemos avaliación do que foi o ano. Para moitos e moitas de nós o ano non comeza o 1 de xaneiro senón a primeiros de setembro co trafego dos libros, o material novo, coñecer os profes, nalgún caso o cambio de centro , de compañeiros......

Dende o departamento de servizos sociais tócanos facer avaliación do curso e tamén dun programa que comezou con este curso que remata.

Había tempo que nos bulia na cabeza a idea de facer visible todo o traballo que dende varias asociacións se leva tempo desenvolvendo e que a nós se nos antoxaba que non era suficientemente coñecido e valorado. Asi nacio o programa “Por tod@os e para tod@s”.

Ala polo mes de setembro e outubro tivemos as primeiras xuntanzas cos responsables de ASPADEX, INTEGRO E APEM, por ser as máis achegadas a nós foron as primerias, e pouco despois con ALCER. Dende aquela , tivemos visitas dos escolares a ASPADEX e APEM, mesas redondas para os pais e nais no instituto Pedra da Águia de Ponte do Porto, charlas de INTEGRO e ALCER.

Onte dia 18 de xuño tivemos as últimos charlas cos alumnos de 5º e 6º de primaria dos centros escolares de Camariñas e Ponte do Porto. Adolfo, presidente de INTEGRO, xunto con Toni e Guillermo, dous voluntarios desta asociación, explicaron o alumnado qué facer para previr as lesións medulares.

Xurdiron dubidas, reflexións, inquedanzas ata debates sobre o que alí se comentaba e discutía. Pero o máis importante de todo foi a avaliación dos rapaces e rapazas que lles deron matrícula de honor asinando cun emotivo e clamoroso aplauso a intervención dos integrantes desta asociación.

Despois desta tan boa nota non nos queda máis remedio que seguir traballando neste proxecto :  “Por tod@os e para tod@s”, dende o Concello de Camariñas, coa inestimable colaboración dos centros escolares e das asociacións ALCER, APEM, ASPADEX, INTEGRO e outros moitos colectivos.                                                                 

Grazas a tod@s polo voso apoio.


© by Abertal