O Concello

Departamentos

* APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 14/06/2012

APERTURA DE LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Continúan abrindo categorías para as listas de persoal temporal do Servizo Galego de Saúde. 

No DOG número 113 do 14 de xuño de 2012 publícase unha resolución para a inscrición de aspirantes para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de sanidade nas seguintes categorías: 

-      Persoal médico de familia
-      Persoal médico de urxencias hospitalarias
-      Pediatra de Atención Primaria
-      Médico / a coordinador / a do 061
-      Médico / a asistencial do 061
-      Médico / a especialista en medicina do traballo 

As persoas interesadas en formar parte das listaxes deberán inscribirse nos modelos formalizados de instancia e a través do curriculo profesional habilitado electronicamente na páxina web www.sergas.es, na epígrafe FIDES/expedient-e, imprimir o formulario en papel e formalizar o rexistro administrativo.

Na inscrición farase constar expresamente a/as categoría/as á/ás que se opta e ámbito territorial de dispoñibilidade e demais declaracións que constan no modelo de inscrición.

Prazo de solicitude para a xeración das primeiras listas: persoas inscritas ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listas serán os causados ata o día 30 de xuño de 2012. 

A partir desta primeira xeración a inscrición será aberta e permanente no sistema informático expedient – e.  

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120614/AnuncioG0003-080612-0003_gl.pdf 

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=66001

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal