O Concello

Departamentos

* LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 14/06/2012

LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE - NOVA RESOLUCIÓN

NOVA RESOLUCIÓN 

O Servizo Galego de Saúde publicou no DOG de hoxe (22/06/2012) unha resolución que modifica a Resolución do 6 de xuño de 2012 (publicada no DOG do 14/06/2012), da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos /as e excluídos / as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos / as aspirantes admitidos / as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.  

Advertidos erros nos resultados das listas publicadas pola Resolución do 6 de xuño do 2012, en canto que non se tivo en conta toda a información de datos dos solicitantes, sendo este un erro material ou de cómputo aritmético, acórdase proceder a incorporar a citada información e rectificar a puntuación, publicando de novo os resultados e as listas anunciadas pola Resolución do 6 de xuño de 2012.

As categorías afectadas son:

-      Grupo auxiliar da función administrativa
-      Persoal de servizos xerais
-      Celador / a

Ábrense novos prazos de reclamación e recurso contados desde o día seguinte á data de publicación desta corrección no DOG. 

NOVA RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120622/AnuncioG0003-180612-0007_gl.pdf 

ENLACE DA PÁXINA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG do 14 de xuño unha resolución pola que as persoas anotadas nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 24 de novembro de 2011 (DOG 28/11/2011) xa podedes consultar as listas definitivas de admitidos/ as e excluídos /as e os resultados provisionais de baremación dos / as aspirantes admitidos / as co seu número de orde nas seguintes categorías: 

-      Grupo auxiliar da función administrativa
-      Persoal de servizos xerais
-      Celador / a  

Contra a lista definitiva de admitidos / as e excluídos / as as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, (DOG Núm. 113 do 14/06/2012) ante o xulgado contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte á data de publicación das listas definitivas. 

Por medio desta resolución publícanse tamén os resultados provisionais de aplicación do baremo sobre os méritos dos / as aspirantes admitidos / as e o número de orde provisional que resulta da puntuación obtida. 

Así mesmo publícanse o número de titulares e suplentes das listas especiais para nomeamentos de curta duración de celador / a, desagregada por centro ou complexo hospitalario, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no enlace que figura ó final desta nova.

As persoas aspirantes admitidas, e só con respecto ós resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das listas provisionais. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120614/AnuncioG0003-070612-0001_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=91170 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal