A empresa pública de Servizos Agrarios Galegos S.A (SEAGA) vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 5 de xuño de 2012 un anuncio polo que fai pública a convocatoria e bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal para a dita empresa nas seguintes categorías profesionais:
- Enxeñeiro de montes
- Enxeñeiro técnico forestal
- Capataz
- Xefe de brigada
- Peón especialista
- Peón
- Oficial administrativo
- Auxiliar administrativo
As bases poden consultarse na sede de Seaga (Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi 14 C.P. 15890 Santiago de Compostela e na páxina web de Seaga www.epseaga.com
Tede en conta que a esta convocatoria e bases específicas só poden presentarse as persoas que xa estean anotadas con anterioridade nas listas previas de Seaga na categoría e nos perfís profesionais concretos que ofertan prazas.
Nestas bases aparecen o tipo de probas que deben supera-los candidatos / as (físicas ou informáticas dependendo da categoría) así como os seus correspondentes baremos e a formación profesional que será valorada como mérito.
Nos vindeiros días aparecerá na páxina web de SEAGA unha resolución que iniciará o prazo de tres días para achega-la documentación correspondente á formación profesional.
Lembrade tamén que o día de realización das probas físicas as persoas candidatas deberán levar o seu DNI, pasaporte ou carné de conducir orixinais ou documento equivalente para identificarse así como un certificado médico oficial ou informe de saúde, firmado e selado por un colexiado en exercicio, no que se faga constar que a persoa non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de tres meses respecto á data de realización da proba.
Anuncio do DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120605/A
Enlace páxina web Seaga
http://www.epseaga.com/ofertas_emprego.php
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA - 981 73 70 04
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00