As persoas anotadas nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 26 de outubro de 2011 (DOG 28/10/2011) xa podedes consultar as listas definitivas de admitidos/ as e excluídos /as e os resultados provisionais de baremación dos / as aspirantes admitidos / as co seu número de orde nas seguintes categorías:
- Técnico /a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico / a superior en radioterapia
- Técnico / a superior en hixiene bucodental
- Técnico / a superior en imaxe para o diagnóstico clínico
- Técnico / a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
Contra a lista definitiva de admitidos / as e excluídos / as as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación de presente resolución, (DOG Núm 92 do 15/05/2012) ante o xulgado contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data de publicación destas listas definitivas.
As persoas aspirantes admitidas, e só con respecto ós resultados da baremación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das listas provisionais
RESOLUCIÓN DO DOG: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120515/AnuncioG0003-030512-0005_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 73 7004
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00