O Concello

Departamentos

* TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN 14/05/2012

XORNADA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN E TRAMITACIÓN DA TPC (TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN)

TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN

XORNADA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN E TRAMITACIÓN DA TPC (TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN)

A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construcción na organización dunha xornada de prevención de riscos laborais. Esta xornada, denominada, aula permanente corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no V Convenio General de la Construcción e é a mínima imprescindible para tramita-la Tarxeta Profesional da Construción (TPC).  

A xornada será impartida por persoal técnico da Fundación Laboral de la Construcción. 

Destinatarios: traballadores / as do sector da construción, autónomos / as do sector da construción, persoas desempregadas (preferentemente con experiencia no sector da construción ou interesadas en traballar no sector)  

Prazas limitadas.  

Duración: 8 horas 

Data: 20 xuño de 2012  

Horario: 9:00 – 17:00 

Lugar: Centro de Iniciativas empresariais 

É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra 

Traballadores / as do sector da construción:
-       Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
-       Ficha de solicitude de empresa
-       DNI ou NIE
-       Tarxeta sanitaria
-       Última nómina ou contrato 

Autónomos / as do sector da construción:
-       Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
-       DNI ou NIE
-       Tarxeta sanitaria
-       Último recibo de pago de autónomos

Persoas desempregadas:
-       Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
-       DNI ou NIE
-       Tarxeta sanitaria
-       Tarxeta de demanda de emprego 

A tódolos asistentes se lles entregará un diploma de realización da acción formativa. 

Con esta xornada si se cumpren o resto de requisitos pódese tramita-la Tarxeta profesional da construción (TPC). 

PARA MÁIS INFORMACIÓN 
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL         
CASA DE PEDRA    981 73 70 04
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     

Descargas relacionadas


© by Abertal