BENESTAR EN BALNEARIOS 02/05/2012
BENESTAR EN BALNEARIOS
Aberto o prazo para solicitar praza no programa “Benestar en Balnearios” da Xunta 2012
BALNEARIOS NA MODALIDADE DE “todo incluído” E PREZOS POR PRAZA
Balneario de Acuña - Caldas de Reis – (Pontevedra).- 370,64 €/praza
Balneario de Arnoia – Arnoia – (Ourense).- 370,64 €/praza
Balneario de Augas Santas – Ferreira de Pantón – (Lugo).- 391,76 €/praza
Balneario de Baños da Brea – Vila de Cruces – (Pontevedra).- 370,64 €/praza
Balneario de Baños de Molgas – Baños de Molgas – (Ourense).- 310,88 €/praza
Balneario de Caldelas de Tui – Tui – (Pontevedra).- 310,88 €/praza
Gran Balneario – O Carballiño – (Ourense).- 310,88 €/praza
Balneario de Carballo – Carballo – (A Coruña).- 370,64 €/praza
Termas de Cuntis – Cuntis – (Pontevedra).- 391,76 €/praza
Balneario de Laias – Cenlle – (Ourense).- 391,76 €/praza
Balneario de Lobios – Lobios – (Ourense).- 370,64 €/praza
Balneario do Río Pambre – Palas de Rei – (Lugo).- 370,64 €/praza
Balneario Termas Romanas – Lugo – (Lugo).- 391,76 €/praza
QUENDAS As quendas varian segundo o balneario solicitado e van dende o 4 de xuño ata o 16 de novembro do 2012 .
Requisitos:
- Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista.
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais
- Precisar o tratamento termal solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción
- Ter uns ingresos persoais mensuais inferiores a 763,61 €
- Ter no prazo que se estableza, achegada a solicitude xunto coa documentación requirida, acadada a puntuación que lle permita acceder ao destino solicitado e, ter aceptada a praza e feito o pagamento do prezo estipulado.
Documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante, do cónxuxe ou acompañante se procede (SÓ no caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta).
- No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, achegarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.
Prazo e lugar de solicitudes:
Ata o
11 de maio de 2012 nas dependencias de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde do Concello.
Camariñas, 30 de abril de 2012
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde Mª Carmen Linares Chica
Descargas relacionadas