O Concello

Departamentos

* CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO 27/04/2012

CURSOS DE BUSCA DE EMPREGO

Este mércores realizamos dous dos cursos que temos preparados para axudar a atopar emprego.

Pola mañá fixemos o curso de C.V. e cartas de presentación, no que se explicaron os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. E pola tarde o curso Busca de emprego por Internet, no que se enviaron c.v. mediante a páxina web de empresas, creáronse perfís en páxinas de busca de emprego e buscáronse ofertas nas ditas páxinas.

O concello, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia) da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo seguirá desenvolvendo no mes de maio máis cursos sobre busca de emprego co fin de facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ó mercado laboral.

-          2 de maio. Busco traballo, por onde empezo?. Nesta sesión informarase sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Traballarase tamén na selección do obxectivo profesional

-          9 de maio. Procesos de selección de persoal e entrevista de traballo. Nesta ocasión veranse as distintas fases que compoñen un proceso de selección de persoal, con especial énfase nas probas de selección (tests psicotécnicos, dinámicas de grupo...) e nas entrevistas de traballo. Darase información tamén sobre como presentarse nunha empresa por teléfono ou de xeito presencial para buscar traballo.

-          16 de maio. Información laboral útil. Nesta xornada informarase sobre o contrato de traballo, o salario, a nómina, o “Estatuto de los trabajadores”, convenio colectivo, prestacións dependentes do SPEE (Servicio Público de empleo estatal) e o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria para persoas en situación de desemprego. 

Os cursos realizaranse de 10:00 a 13:30 horas no Centro de Inicativas. As prazas son limitadas.

Máis información e inscrición no departamento de Orientación Laboral, na Casa de Pedra, no 981 73 70 04 de luns a venres entre ás 8:00 e ás 15:00 ou no correo mseijas.desenvolvemento@camarinas.net

Sergio Caamaño Fernández
Concelleiro delegado de desenvolvemento


© by Abertal