O DOMINGO 6 de MAIO a andaina consistirá:
Saída dende o Pavillón de Ponte do Porto, iremos ata a Grixa e dende a Grixa a Pena Forcada e volta outra vez ata a Grixa, pasaremos polo cemiterio vello, atravesaremos a rúa Porto e chegaremos á ponte, depois iremos cara ás Barrosas e dende as Barrosas ata o merendeiro de Lexas. No merendeiro de Lexas comeremos (cada persoa ten que levar a súa comida) e cando cheguen @s compañeir@s que veñen dende Vimianzo, continuaremos con eles ata Cereixo que será o lugar de remate da andaina.
EN TOTAL SERÁN 17QM APROX, DIVIDOS EN 2 TRAMOS UN ATA LEXAS 13QM APROX E DE LEXAS A CEREIXO 4QM APROX.
DESTINAD@ A PERSOAS DE 7 OU MÁIS ANOS. @S MENORES DE 16 ANOS DEBEN DE IR ACOMPAÑAD@S DUN ADULTO OBRIGATORIAMENTE.
Se queres participar ti e/OU a túa familia nesta actividade, só tes que elexir entre unha destas tres posiblidades data límite de inscrición o MÉRCORES día 2 de MAIO.
a) Chamar ao Concello de Camariñas, ao departamento de deportes 981-736000 e anotarse.
b) Entregar o recortable desta carta nas conserxerías dos colexios de primaria.
c) No correo electrónico: fran.puga@camarinas.dicoruna.es
Esperamos a vosa participación, un saúdo.
O Alcalde do Concello de Camariñas Manuel V. Alonso de León