O Concello

Departamentos

* Estadías de tempo libre 20/04/2012

Estadías de tempo libre

A CONSELLERIA DE PRESIDENCIA,ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZADA XUNTA DE GALICIA, A TRAVES DA SECRETARIA XERAL DA IGUALDE. CONVOCAN:

Estadías de tempo libre para mulleres soas  con responsabilidades familiares non compartidas.  Ano 2012.

Finalidade: Facilitarlles ás mulleres con fillos/as menores, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Duración da estadía: as estadías serán de entre sete e dez días en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais de xuño e principios de xullo.

Requisitos:

-          Ter fillas/os a cargo con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos (ambos inclusive).

-          Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

-          Que a renta per cápita da unidade familiar non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).

-          Non padecer ela, nin as fillas/os que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.


Documentación: Solicitude segundo o modelo oficial xunto con:

-          Copia cotexada do libro de familia.
-          Sentenza xudicial de custodia ou documento que acredite que os/as fillos/as están exclusivamente ao seu cargo.
-          Certificado que acredite unha situación de violencia de xénero nos últimos tres anos.
-          Declaración responsable da situación económica da solicitante (xunto cos xustificantes dos ingresos).
-          Copia cotexada da tarxeta de demandante de emprego , se é o caso.
-          Informe médico, no que conste que non padecen ningunha  enfermidade que requira illamento e/ou impida a normal convivencia.
-          Documentación acreditativa das situacións de especial necesidade do organismo que corresponda.


Prazo: ata o 15 de Maio de 20012.

Para máis información diríxanse ós Servizos Sociais
ou chamando ó telef.:
981-737004.                                                            

A concelleira de Servizos Sociais,Igualdade e saúde. Mª Carmen Linares Chica.

Descargas relacionadas


© by Abertal