O Concello

Departamentos

* PROGRAMA “Por tod@s e para tod@s” 19/04/2012

PROGRAMA “Por tod@s e para tod@s”

A Concellería de servizos sociais,igualdade e saúde segue apostando pola normalización e integración das persoas que padecen algún tipo de minusvalía e/ou enfermidade .

O martes dia 13 de marzo do presente ano o Concello de Camariñas a través da Concellería de Servizos sociais , igualdade e saúde organizou unha xuntanza de convivencia entre o alumnado de 4ª de primaria dos dous centros escolares ubicados no termino municipal e os alumnos de ASPADEX.  

Este martes 17 de abril os alumnos e alumnas de 5º de Primaria dos CEIP “O Allo” de Ponte do Porto e CEIP “O Areal” de Camariñas ,os seus profesores/as , persoal da nomeada concelleria e a mesma concelleira visitaron as instalacións que a asociación APEM ten en Ceé.

Ofrecéronlles unha pequena charla sobre que é APEM e os servizos que ofrece na comarca e no resto de Galicia. Explicaron que é a enfermidade mental e  as diferenzas entre enfermidade mental e discapacidade mental. Os/as ointes mostraron gran interese e ficheron moitas preguntas.

Despois vimos as instalacións do centro: cociña ,lavanderia, sala de relaxación, sala de deporte, as habitacións ,os despachos,os talleres......

Nos talleres os usuarios de APEM e as súas educadoras mostraron os traballos que estaban realizando e o nenos/as participaron nun obradoiro de broches . Cada participante fixo polo menos un, algún trouxo ata catro , coa idea de regalalo a  alguén que quixeran moito.

Moi amablemente nos invitaron a tomar uns zumos e unas pastas, despois do gratificante traballo.

Pasounos o mesmo que cando fomos a ASPADEX, o tempo compartido con estas maravillosas persoas se nos fixo curto.

Dende este departamento non temos palabras para expresar todo o noso agradecemento a todas as sociacións que se están volcando con nós neste programa e a os centros escolares do noso Concello que sempre apoian as iniciativas do Concello e colaboran co fin de lograr a noso obxectivo neste programa : visibilizar a labor destos coletivos e compartir momentos de felicidad en común.  

Mª Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais,
Igualdade e Saúde Concello de Camariñas


© by Abertal