O Concello

Departamentos

* APERTURA DAS LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 27/03/2012

APERTURA DAS LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Como xa vos anticipábamos hai unhas semanas continúan abrindo categorías para as listas de persoal temporal do Servizo Galego de Saúde. 

No DOG número 59 do 26 de marzo de 2012 publícanse dúas resolucións para a inscrición de aspirantes para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de sanidade nas seguintes categorías: 

·         Facultativo / a especialista de área de Psicoloxía Clínica
·         Traballador / a social
·         Logopeda
·         Técnico / a superior en Prevención de Riscos Laborais
·         Técnico / a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais
·         Enfermeiro / a
·         Enfermeiro / a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias – 061
·         Enfermeiro / a especialista en obstetricia – xinecoloxía (matrón / matroa) 

Prazo de solicitude para a xeración das primeiras listas:
persoas inscritas ata o 26 de abril de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listas serán os causados ata o día 11 de abril de 2012. 

A partir desta primeira xeración a inscrición será aberta e permanente no sistema informático expedient – e. Tede en conta que é obrigatoria a inscrición electrónica no novo sistema informático expedient-e profesional para poder anotarse nas listas. 

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=66001


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal