XORNADA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN E TRAMITACIÓN DA TPC (TARXETA PROFESIONAL DA CONSTRUCIÓN)
A Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas colabora coa Fundación Laboral de la Construcción na organización dunha xornada de prevención de riscos laborais. Esta xornada, denominada, aula permanente corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no V Convenio General de la Construcción e é a mínima imprescindible para tramita-la Tarxeta Profesional da Construción (TPC).
A xornada será impartida por persoal técnico da Fundación Laboral de la Construcción.
Destinatarios: traballadores / as do sector da construción, autónomos / as do sector da construción, persoas desempregadas (preferentemente con experiencia no sector da construción)
Prazas limitadas.
Duración: 8 horas
Data: 24 abril de 2012
Horario: 9:00 – 17:00
Lugar: Centro de Iniciativas empresariais
É imprescindible preinscribirse e achegar a seguinte documentación orixinal na Casa de Pedra
Traballadores / as do sector da construción:
- Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
- Ficha de solicitude de empresa
- DNI ou NIE
- Tarxeta sanitaria
- Última nómina ou contrato
Autónomos / as do sector da construción:
- Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
- DNI ou NIE
- Tarxeta sanitaria
- Último recibo de pago de autónomos
Persoas desempregadas:
- Ficha de alumno aula permanente debidamente cuberta
- DNI ou NIE
- Tarxeta sanitaria
- Tarxeta de demanda de emprego A tódolos asistentes se lles entregará un diploma de realización da acción formativa.
Con esta xornada si se cumpren o resto de requisitos pódese tramita-la Tarxeta profesional da construción (TPC).
PARA MÁIS INFORMACIÓN
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 73 70 04
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00