O martes dia trece de marzo do presente ano ,o Concello de Camariñas a través da Concellería de Servizos sociais , igualdade e saúde organizou unha xuntanza de convivencia entre o alumnado de 4ª de primaria do CEIP O Areal de Camariñas , o CEIP O Allo de Ponte do Porto e os alumnos de ASPADEX.
Os alumnos e traballadores da histórica Asociación ensináronnos o seu lugar de traballo, os talleres e mostráronlle os/as rapaces /as cales son as súas obrigas do dia a dia .Pasamos polos talleres de horta e xardín, enmarcación ,encadernación,coiro.....
Os nosos/as nenos/as descubriron como persoas con discapacidades son capaces , con esforzo e paciencia de elaborar todo tipo de obxectos artesanais,descubriron que os traballos que realizan os usuarios de ASPADEX non son tan doados como parecen..
Despois disto ven a diversión: Xuntos, alumnos/as de Aspadex e rapaces /as de Camariñas compartiron xogos: Parchís ,damas, futbolín, petanca...
A magoa foi que se nos fixo corto.Por todo isto, o Concello de Camariñas quer agradecer a ASPADEX e os centros escolares do noso Concello toda a colaboración para poder lograr o noso obxectivo: achegar e coñecer uns alumnos a outros e compartir un momento feliz para todos .
Para nós e para o noso alumnado o martes e trece foi un día de sorte, a sorte de compartir unha preciosa mañá cos nosos/as amigos/as de ASPADEX.