O Concello

Departamentos

* LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 09/03/2012

LISTAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

As persoas anotadas nas listas de vinculacións temporais do Servizo Galego de Saúde segundo a resolución do 24 de novembro de 2011 (DOG 28/11/2011) xa podedes consultar as listas provisionais de admitidos/ as e excluídos /as nas seguintes categorías:


-  Grupo auxiliar da función administrativa
-  Persoal de servizos xerais
-  Celador / a  

As persoas excluídas podedes consultar as causas de exclusión no voso expediente-e na epígrafe de procesos. Dispoñedes dun prazo de dez días hábiles, contados desde o 10/03/2012 (publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia 09/03/2012) para emendar a documentación correspondente á formación ou titulación esixida así como tamén os erros materiais producidos. 

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, publicarase a lista definitiva de excluídos / as e admitidos / as.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos / as e excluídos / as é porque a súa inscrición se formalizou con posterioridade ó día 16/01/2012, polo que sairán na seguinte xeración da lista tal como se recolle no pacto de selección de temporal.

 
RESOLUCIÓN DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120309/AnuncioG0003-020312-12947_gl.pdf
 

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal