O Concello

Departamentos

* CURSOS GRATUÍTOS DO SECTOR DA MADEIRA PARA PERSOAS DESEMPREGADAS MENORES DE 30 ANOS 08/03/2012

CURSOS GRATUÍTOS DO SECTOR DA MADEIRA PARA PERSOAS DESEMPREGADAS MENORES DE 30 ANOS

Inicia Formación y Consultoría SL en colaboración con Confemadera (Confederación española de empresarios de la madera) y Federmueble (Federación española de empresarios del mueble) oferta cursos subvencionados polo Ministerio de Trabajo e Inmigración da rama da madeira. 

Os cursos son en modalidade teleformación. Cada un consta de 300 horas de formación teórica e 60 horas prácticas non laborais. 

Accións formativas:
 

-      Comercialización de produtos da madeira para a rehabilitación de edificios
-      Execución de proxectos de rehabilitación e construción con madeira
-      Novas canles de comercialización de mobles para rehabilitación con aplicación de novas tecnoloxías
-      Execución de proxectos de instalación de mobles para a rehabilitación.  

Destinatarios / as:

-      Persoas menores de 30 anos
-      En situación de desemprego
-      Con baixa cualificación. Nesta convocatoria considéranse de baixa cualificación os mozos / as que non estean en posesión dun carné profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3, título de formación profesional ou dunha titulación universitaria. 

Máis información:
contactar coa orientadora laboral do concello
Casa de Pedra 981737004
Luns a venres: 8:00 – 15:00


© by Abertal