DOG Núm. 45- Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7834
(Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado)
A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web www.xuventude.net. Ademais, as persoas interesadas poden solicitar folletos informativos da convocatoria na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, nos servizos e oficinas locais de xuventude das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil e nas oficinas de información administrativa e atención ao cidadán.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 20 de marzo de 2012.