O Concello

Departamentos

* CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1 02/03/2012

CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca cursos gratuítos en liña para preparar a proba do Celga 1 de galego. 

Os cursos son de nivel elemental e están pensados para estranxeiros e para persoas que non teñan coñecementos de galego

Destinatarios / as:

-      Persoas maiores de 16 anos con coñecementos informáticos a nivel usuario que estean interesadas en realizar a proba que terá lugar en Santiago de Compostela o 10 de xuño. 

Prazo de matrícula
: do 1 ó 14 de marzo (ambos os dous incluídos) 
Para matricularse: 

Enviar unha mensaxe electrónica ó enderezo sxpl.formacion@xunta.es poñendo os seguintes datos: 

-      Nome e apelidos
-      DNI con letra
-      Enderezo electrónico e teléfono de contacto
-      Lugar de residencia
-      Nivel de estudos

A selección farase por rigorosa orde de matrícula ata cubrir as 150 persoas que se admitirán nos cursos.
 
Datas dos cursos: do 26 de marzo ó 1 de xuño (ambos os dous incluídos) 
Importante: 
-      Face-lo curso non da dereito a ningún tipo de certificado
-      Os cursos son voluntarios, preparatorios da proba do Celga 1.  

Máis información:
 http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga 
Xunta de Galicia.
981 957654 – 981 544402 – 981 546835 
ou contactar coa orientadora laboral do concello
Casa de Pedra 981737004
Luns a venres: 8:00 – 15:00


© by Abertal