O Concello

Departamentos

* Publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos na convocatoria de recoñecemento da experiencia profesional de novembro de 2011 14/02/2012

Publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos na convocatoria de recoñecemento da experiencia profesional de novembro de 2011

As persoas que se anotaron á convocatoria pública da Dirección Xeral de Formación e colocación da Xunta de Galicia segundo a Resolución do 23 de novembro de 2011 (DOG 30/11/2011) para o recoñecemento das competencias profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Atención a persoas dependentes en institucións sociais ou Confección e mantemento de artes e aparellos xa poden consultar a través da páxina oficial da Xunta de Galicia a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.  

Nas listaxes de persoas admitidas pode consultarse a puntuación segundo o baremo establecido na convocatoria. 

As persoas que aparezan excluídas na listaxe provisional poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas ata o 20 de febreiro de 2012 (inclusive). Para presentar as ditas correccións deberán ter en conta as claves dos motivos de exclusión que aparecen na lista. 

A presentación da documentación pode facerse a través de varia vías:

-     Envío por correo (recoméndovos que si escolledes esta opción o enviedes certificado) ó seguinte enderezo         Instituto Galego das Cualificacións         Dirección Xeral de Formación e Colocación. Consellería de Traballo e          Benestar         Edif. Administrativo San Lázaro S/N, 15781. Santiago de Compostela 

-      No rexistro da Consellería de Traballo e Benestar.  -      En calquera oficina de rexistro da Xunta de Galicia ou do Portelo Único (podedes envíalo dende o concello), ou por calquera das formas establecidas no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e procedemento administrativo común. (podedes envíalo dende o concello) 

Para consultar listaxes:
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional;jsessionid=016E554C5C1B09CC7C50398DC4384718  

Máis información:
 

Contactar coa Xunta de Galicia
981546843 – 981546847 – 981546851 – 981546854 - 981546858

Ou coa orientadora laboral do concello na Casa de Pedra
981 737004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal