O Concello

Departamentos

* Listaxes definitivas da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006 07/02/2012

Listaxes definitivas da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/200

No DOG (Diario Oficial de Galicia) do pasado 26 de xaneiro sae publicada unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listaxes definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia elaboradas segundo o Decreto 37/2006. 

As persoas anotadas durante o ano 2011 podedes consulta-las listas definitivas a través da páxina web www.xunta.es na epígrafe Función Pública. 

As listaxes indican:

-      Solicitantes admitidos na listaxe con indicación da puntuación
-      Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión 

As persoas excluídas dispoñedes dun mes (contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG) para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición.

Debedes consignar:

-      Nome e apelidos
-      DNI
-      Número de conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta
-      Copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120126/AnuncioCA01-190112-11192_gl.pdf
 

ENLACE Á PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA CONSULTA-LAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal