O Concello

Departamentos

* Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2012 18/01/2012

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2012

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 17 de xaneiro as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. 

Destinatarios:
-      Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2012, nacionais ou estranxeiras.

Prazo de inscrición:
-      Do 18 de xaneiro ó 3 de abril de 2012 (inclusive)

Datas de realización das probas:
-      Celga1: 10 de xuño de 2012
-      Celga 2: 3 de xuño de 2012
-      Celga 3: 9 de xuño de 2012
-      Celga 4: 2 de xuño de 2012 

Contía das taxas de exame: 15,61 €
 

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Sergas, prazas nas administración locais… 

Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións: 
-      Preparalo pola vosa conta.
-      Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace www.xunta.es/linguagalega/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio. 
-      Asistir a un dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia en colaboración coas Escolas oficiais de idiomas, concellos e distintas entidades e organizacións.  

Todos aquelas persoas que esteades interesadas en realizar un curso preparatorio antes de realiza-lo exame anotádevos antes do 26 de xaneiro na Casa de Pedra xa que temos convocatoria aberta para os ditos cursos 

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120117/AnuncioC3F1-100112-10863_gl.pdf
 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal