O Concello

Departamentos

* Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012 17/01/2012

Convocatoria de probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2012

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 16 de xaneiro exames para a obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2012 das seguintes especialidades: 

-      Operador / a industrial de caldeiras
-      Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-      Instalador / a de gas, categoría A
-      Instalador / a de gas, categoría B
-      Instalador / a de gas, categoría C
-      Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-      Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
-      Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
-      Carné profesional de operador / a de guindastre torre
-      Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
-      Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
-      Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
-      Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
-      Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.


 REQUISITOS:  
-      Estar en idade legal laboral ou ter cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente
-      Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente. 

TASAS DE EXAME: 38,37 €.
 PRAZO:

-      Convocatoria ordinaria: Do 16 ó 27 de xaneiro de 2012
-      Convocatoria extraordinaria: Do 2 ó 13 de xullo de 2012           


ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120116/AnuncioC3F1-110112-10864_gl.pdf
 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal