O Concello

Departamentos

* Acreditación competencias profesionais 12/01/2012

Acreditación competencias profesionais

Acreditación competencias profesionais A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca  un proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral nas seguintes áreas: 

o       Xestión administrativa
o       Instalacións: eléctricas, telecomunicacións
o       Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica
o       Soldadura e caldeiraría
o       Cociña, servizos en restauración, aloxamentos turísticos
o       Aceites de oliva e viños
o       Carpintería e moble
o       Laboratorio químico
o       Emerxencias sanitarias
o       Farmacia e parafarmacia
o       Educación infantil
o       Confección e moda
o       Mecánica de vehículos

Convocatoria de carácter oficial e válida en todo o territorio nacional

REQUISITOS:  

-      Nacionalidade española ou autorización de residencia en vigor.
-      Ter 18 anos ou máis para as unidades de competencia correspondentes a  cualificacións de nivel I e 20 anos ou máis para as unidades de competencia de nivel II e II
-      Experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias que se queiran acreditar
-      Non estar matriculado nin cursando formación profesional inicial nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. 


PRAZO:

Do 16 de xaneiro ó 15 de febreiro.
           
 
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120109/AnuncioC3F1-291211-10513_gl.pdf
  

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 73 7004 
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00
 

Descargas relacionadas


© by Abertal