O Concello

Departamentos

* PLAN RENOVE DE CALEFACCIÓN E ILUMINACIÓN 02/01/2012

PLAN RENOVE DE CALEFACCIÓN E ILUMINACIÓN

Aí atrás anunciábamos as axudas do plan renove para fiestras, renovación de vehículos e axudas da renta de emancipación. Esta última, a renta de emancipación, quedou anulada dentro das últimas medidas tomadas polo goberno de España. As outras axudas seguen vixentes. Pero agora o que queremos é darlle publicidade os novos plans renove, calefacción e iluminación interior.


Estas axudas tramítanse nas empresas homologadas e conveniadas co INEGA. O prazo xeral é ata xullo do 2012 ou remate de fondos.

As axudas son para caldeiras de condensación (ata o 30% máximo de 1.320 € para vivenda unifamiliar), para aire acondicionado e bombas de calor (ata o 30% máximo de 3.840 € para vivenda unifamiliar) e para iluminación interior.

Esta última require unha inversión mínima de 500 € e entran substitucións de lámpadas, balastos, renovación de iluminaria, sistemas de control fotocelila, detección de presenza, reforma de cadro de mandos e outros. Ata un 25%, 1.500 € para vivenda unifamiliar e 10.000 € para edificios.

Coma sempre, dende a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas estamos á vosa disposición para axudarvos e asesorarvos nestes plans.

Descargas relacionadas


© by Abertal