O Concello

Departamentos

* ESTE NADAL MERCA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS 01/12/2011

ESTE NADAL MERCA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

O Concello de Camariñas xunto ca Asociación de Empresarios e de promoción turística de Camariñas poñen en marcha unha interesante campaña de nadal.

Baixo o lema "Merca no concello, gañamos todos" aqueles que merquen nos comercios e establecementos hosteleiros participantes (todos eles socios da asociación de empresarios) poderán participar nun sorteo no que se repartirán 1.300 euros.

Con cada compra o cliente recibirá unha rifa que lle dará acceso ó sorteo. Este realizarase o vindeiro 7 de xaneiro de 2012 na Casa de Pedra.

E os premios repartiranse en 3 vales de compra como se detallan a continuación:

1º premio: 700 euros
2º premio: 400 euros
3º premio: 200 euros


Bó nadal.

Axencia de Desenvolvemento Local
Sergio Caamaño Fernández
Concelleiro de urbanismo, desenvolvemento empresarial, mar e traballo. 


© by Abertal