Sae publicada no DOG de 30 de novembro de 2011 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Todas aquelas persoas que se anotaron este ano nas listas da xunta de Galicia reguladas polo Decreto 37/2006 deben comprobar canto antes a súa situación xa que se abre un prazo de reclamacións.
Información publicada:
- Solicitantes admitidos na listaxe con indicación da puntuación provisional
- Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Prazo de reclamacións: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia)
No suposto de que algún dos excluídos das citadas listaxes non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluído.
As listas poden consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.es no apartado Función pública
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111130/AnuncioCA01-221111-9040_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 73 7004
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00