Unha delegación do Concello de Camariñas ven de realizar unha viaxe á cidade sueca de Pitea, lideres do proxecto no que participa xunto con Ferrol e dous concellos italianos e outro finés.
Por parte de Camariñas asistiron Sergio Caamaño, concelleiro de desenvolvemento empresarial e traballo, Emilio González, axente de desenvolvemento local, e Isabel Dios e Jose Manuel Rodriguez, dous mozos de que representaron ao grupo local do proxecto europeo Ypad, xuventude e desenvolvemento.
Durante tres días se deron a coñecer as diferentes situación dos municipios socios sobre o desemprego e as oportunidades para o emprendemento. A súa vez se compartiron os proxectos e actividades que se desenvolven en cada municipio. Os mozos de Camariñas e mozos das outras cidades participaron en diferentes grupos de traballo. A viaxe foi completada con unha vista a Studicentrum, centro de formación para a integración do municipio de Pitea que imparte cursos de formación para o emprego, de emprendemento, e de idiomas para inmigrantes. De esta visita xurdiu a posibilidade de deseñar no futuro un programa no que mozos de Camariñas e Ferrol podan realizar practicas laborais en Pitea.
A realidade dos municipios é bastante diferente, por exemplo, os concellos europeos teñen competencias e presuposto reservadas en Galicia á administración autonómica (sanidade, educación, servizos sociais, emprego,) Aínda así, comparten unhas elevadas taxas de desemprego e emigración xuvenil e unha preocupante falta de iniciativas emprendedoras.
O grupo local do proxecto Ypad de Camariñas reunirase proximamente para que a delegación camariña intercambie os coñecementos e experiencias adquiridos na viaxe e para preparar as seguintes accións do proxecto. Os mozos e mozas do concello de entre 18 e 25 anos que desexen participar no proxecto, e que teñan uns coñecementos básicos de inglés, poden dirixirse a axencia de desenvolvemento local de Camariñas.