O Concello

Departamentos

* Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero 24/11/2011

Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero

Póñome en contacto con vostedes para informarlle das accións previstas pola Área de Igualdade do concello de Camariñas co motivo do Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero, que se con conmemora mañá día 25 de novembro.

A Área de Igualdade do Concello de Camariñas apoia e colabora coa Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade na elaboración da  concentración que se vai a levar a cabo as 20:00h na praza do concello.

Así mesmo, e seguindo a liña establecida o ano pasado repartiranse lazos malvas conmemorativos da violencia de xénero nos centros educativos, centros de saúde, dependencias municipais, na concentración do día 25….

Este ano a Área de Igualdade elaborou unha campaña divulgativa, informativa e de concienciación que consiste en paneis de tamaño A2 con distintas frases,  que serán colocados en todas as dependencias municipais, centros de saúde, centros escolares, museo, biblioteca…

Dende a Área de Igualdade pensamos que a loita para a eliminación desta lacra non só pode facerse un día o ano, por iso dende aquí traballamos tódolos días para aportar o noso pequeno grao de arena para concienciar, previr, e intervir de maneira integral e coordinada co fin de garantir un boa actuación en situacións onde se dan casos de violencia de xénero. Neste senso  estamos a elaborar un protocolo de actuación en casos de violencia de xénero.  

O primeiro paso foi o pasado 7 de novembro onde tivemos unha reunión de coordinación e de posta en marcha da iniciativa entre a forzas e corpos de seguridade do concello de Camariñas, técnica de Servizos Sociais e da Área de igualdade para establecer vías de colaboración e traballo en rede ante esta problemática que afecta a tantas mulleres e persoas dependentes delas na nosa sociedade.Toda esta iniciativa conta co apoio e financiación da Secretaría Xeral de Igualdade.


Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde


© by Abertal