O Concello

Departamentos

* I XORNADA DE SENDEIRISMO CONCELLO DE CAMARIÑAS "DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE" 11/11/2011

I XORNADA DE SENDEIRISMO CONCELLO DE CAMARIÑAS

Destinado a persoas de 7 ou máis anos. Os menores de 16 terán que ir acompañados por un adulto.

DOMINGO 4 DE DECEMBRO

SAIDA: ÁS 10:00 HORAS DENDE O PASEO MARÍTIMO
CHEGADA: PASEO MARÍTIMO DE CAMARIÑAS
LONXITUDE DO PERCORRIDO: 10 QUILÓMETROS
DURACIÓN: 3 HORAS MÁIS OU MENOS
1º PUNTO AVITUALLAMENTO: PEDROSA
2º PUNTO AVITUALLAMENTO: PRAIA DE LAGO

O percorrido será pola senda costeira. Partirá do paseo marítimo, subindo polo “Areal” ,seguindo pola pista de “Mourín”cara a “Pedrosa”,1º Punto de avituallamento (bebida, froita...). Continuarase pola senda costeira cara a “Virxe do Monte”.Seguiremos dirección “Lago”, 2º punto de avituallamento, cara o “Castelo do Soberano” para rematar de novo no paseo marítimo.

Todo aquel/la que queira participar terá que inscribirse previamente, será gratuita a inscrición.

INSCRICIÓNS: NO CONCELLO OU NOS TELÉFONOS 981 73 60 00 (DEPARTAMENTO DE DEPORTES) E 669 841 698 ATA O VENRES 25 DE NOVEMBRO.


© by Abertal