O Concello

Departamentos

* Camariñas finaliza a campaña de trampeo con 11.596 raíñas de velutina atrapadas 19/07/2021

Camariñas finaliza a campaña de trampeo con 11.596 raíñas de velutina atrapadas

  • Agora é o momento de retirar os niños que se formen, para o que se se debe chamar ao 112 en canto se detecten.
  • O trampeo segue a ser esencial para evitar a formación de futuros niños.  

O Concello de Camariñas dá por finalizada a campaña de trampeo para loitar contra a vespa velutina. Os datos obtidos dan unha cifra que supera á acadada o ano pasado, con 11.596 raíñas capturadas polas 9.813 do anterior exercicio.  

Agora é o momento de eliminar os niños que se formen, para o que se debe chamar ao 112 en canto se detecten e a Xunta encargarase de retiralos a través do convenio para loitar contra a velutina ao que se adheriu o Concello.  

Desde o Concello de Camariñas lembran que “o trampeo segue a ser esencial xa que elimina a raíña e reduce a formación de futuros niños”.


© by Abertal