O Concello

Departamentos

* Proceso de contratación dun técnico/a para a Oficina de Turismo 05/07/2021

Proceso de contratación dun técnico/a para a Oficina de Turismo

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a apertura do proceso de contratación a tempo completo cunha duración de 3 meses dunha praza de técnica/o da Oficina de Turismo do Concello de Camariñas.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 12 de xullo e as persoas aspiriantes deberán posuír algunhas destas titulacións:

- Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.

- Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.

- Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.

- Dobre grao en Ciencias Empresariais e Turismo.

- Grao ou licenciatura en Historia do Arte.

- Grao ou licenciatura en Humanidades.

- Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.

- Grao ou licenciatura en Historia.

- Certificado HOT336_3 Promoción turística local e información ao visitante.

Este certificado é unha titulación que non se requiría nas bases dos procesos anteriores e a formación para a obtención deste impartiuse en varios municipios da comarca.

Bases no BOP: https://bit.ly/3ha0v9q


© by Abertal